Emblema de  I.N.L.U.D.E.S.

Emblema de la Deputación de Lugo

Asistencia e cooperación cos Concellos

A Asistencia Técnica no Medio Natural ós Concellos e un dos obxetivos máis importantes que presta este Servizo, en colaboración coa Área de Cooperación e Asistencia da Deputación de Lugo, coa finalidade de cooperar e asesorar no campo da Enxeñería Ambiental, ordenación do medio rural e conservación da naturaleza. Neste senso, asístese e colabórase nas líñas, de actuación seguintes:

  1. Informes sobre incidencia ambiental previos á concesión por parte dos Concellos da Licenza de Actividade de proxectos, obras e instalacións, ou a súa modificación substancial, que precisen ou non da avaliación de incidencia ambiental. Vixilancia e ou seguimento do cumprimento das condicións establecidas na licenza destas actividades.
  2. Asesoramento técnico e supervisión de proxectos e pregos de prescricións técnicas de áreas recreativas e biosaudables, parques infantís, sendeiros verdes, etc.
  3. Asistencia técnica na adaptación dos parques infantís urbanos a os efectos de cumprir coa normativa que regula a seguridade e prevención que deben reunir os parques infantís e áreas de xogo para infancia, así como os seus equipamentos e elementos de xogo.
  4. Axuda na xestión con outras Administracións Públicas dentro do ámbito ambiental (Xunta, Confederación Hidrográfica, etc.).
  5. Compartir e informar ás Entidades Locais sobre a ¿Enquisa sobre Infraestruturas e Equipamentos Locais¿, podendo solicitar datos concretos e información que pode ser de gran utilidade para desenvolver intervencións municipais que respondan ás necesidades reais dos Concellos.

Información sobre el documento

I.N.L.U.D.E.S.
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812
E-mail: og.inludes@deputacionlugo.org