Emblema de  I.N.L.U.D.E.S.

Emblema de la Deputación de Lugo

Terras do Miño: Lic Parga-Ladra-Támoga

O 7 de novembro de 2002 a UNESCO incluiu "Terras do Miño" na Rede Mundial de Reservas da Biosfera.

Dende entón, este territorio, de 363.669 hectáreas, e integrado por 26 concellos situados na cunca alta do río Miño, pasou a ostentar a máxima catalogación ambiental. Este galardón supón o recoñecemento pleno á convivencia sostible, a unha forma de vida que, durante séculos, soubo compatibilizar o desenvolvemento de actividades produtivas coa protección do ecosistema.

Esta especial interacción entre o home e a natureza permitiu que "Terras do Miño" se convertise na primeira Reserva da Biosfera de Galicia e nunha das máis extensas de España. O seu ámbito xeográfico, que abarca o 39% da provincia de Lugo, inclúe os Concellos de Ourol, O Valadouro, Muras, Alfoz, Mondoñedo, Abadín, Xermade, Vilalba, A Pastoriza, Riotorto, Guitiriz, Cospeito, Meira, Begonte, Rábade, Castro de Rei, Outeiro de Rei, Pol, Lugo, Friol, Castroverde, Guntín, O Corgo, Baralla, O Páramo e Láncara.

O ecosistema

Destaca a calidade ambiental e a riqueza natural da zona. Especial mención merece a variedade florística, representada sobre todo polos bosques de ribeira, un dos mellores ecosistemas fluviais de Europa. A esta riqueza súmanse árbores centenarios, plantas acuáticas e outras especies protexidas.

A calidade das augas do río Miño e dos seus afluíntes, non encoradas neste treito, súmase á riqueza faunística do contorno e favorece a conservación de especies como o mexilón de río ou as nutrias, mentres as zonas montañosas albergan especies emblemáticas como o lobo.

Os ecosistemas fluviais e de lagoas dos ríos Parga-Ladra-Támoga e a totalidade das paisaxes de montaña da Serra do Xistral, foron declarados Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) dentro da Rede Europea Natura 2000 e forman parte da Rede Galega de Espazos Naturais.

Características xeolóxicas

Multitude de ríos e regatos conflúen no Miño, eixo vertebrador do territorio, nado na Serra do Xistral. Esta Serra limita a Reserva polo norte e dá paso á grande chaira de Terra Chá, que amosa en plenitude a paisaxe característica de bosques de ribeira, pastizais e con carballos.

A agua, sempre presente na Reserva, ve acompañado o seu percorrido con excelentes mostras de bosques primarios, asociados ás riberas e a zonas molladas.

O territorio incluido na reserva alberga una nutrida representación de ecosistemas, paisaxes, hábitats e especies de gran significación ambiental e bioxeográfica. Entre estes compoñentes da biodiversidade destaca o grande número de "Hábitats Prioritarios" e "Hábitats de Interese Comunitario", establecidos de acordo coa Directiva 92/43/CEE: carballos galaico-portugueses (Quercus pyrenaica e Q. robur), bosques aluviais (Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior), turbeiras altas e de cobertor, lagoas, ríos, brezais (Erica australis), matogueiras molladas (Ulex europaeus, Cytissus ingramii, etc), así como un importante continxente de poboacións de "Especies Prioritarias" e "Especies de Interese Comunitario" (Luronium natans, Eryngium viviparum, Narcissus bulbocodium, Narcissus pseudonarcissus nobilis, Sphagnum pilayssi, etc).

Xunto ó lobo ibérico (Canis lupus), atopamos tamén nesta área natural nutrias (Lutra lutra) e mexilóns de río (Margaritifera margaritifera), especies ámbalas dúas que pola súa extrema sensibilidade á contaminación das aguas, son verdadeiros bioindicadores do bo estado dos sistemas fluviais.

Actividades humanas

A arquitectura tradicional fúndese coa paisaxe a modo de complemento do ecosistema e exemplo de desenvolvemento sostible. Una ampla variedade de muíños, caneiros, moas, mazos, serras, fraguas e dinamos trazan a chamada "cultura da auga" e eríxense en testemuñas da integración secular entre o hombre y a natureza.

As actividades agrarias e silvo-pastorais tradicionais debuxan mosaicos de prados e campos de cultivo, alternados con amplas zonas de matogueiras e bosques. Os carballos, abundantes nesta zona, serven de aproveitamento a razas de gando autóctonas como a vaca "rubia galega" o o "cabalo do monte".

O legado romano, omnipresente nesta terra, amósase poderoso en torno ás Murallas de Lugo, declaradas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade o 30 de novembro de 2000.

Terras do Miño: LIC ¿Parga-Ladra-Támoga¿

O Programa Life-Natureza é unha ferramenta económica deseñada pola Unión Europea para preservar o medio natural e da que se están beneficiando o lugar de interese comunitario Parga-Ladra-Támoga e, fundamentalmente, dous contornos ambientais de grande riqueza na nosa provincia: a Insua de San Roque, situada nos termos municipais de Outeiro de Rei e Rábade, e Os Pozos do Ollo, en Begonte.

O INLUDES está desenvolvendo varias accións encamiñadas á protección e conservación destes espazos naturais, incluídos dentro da proposta galega á rede natura 2000, e agrupados baixo o Proxecto "Parga-Ladra-Támoga: Mellora dun bosque asolagable e lago distrófico". Nesta área natural localizáronse 15 hábitats de interese comunitario, 4 deles prioritarios: bosques aluviais de Alnes-Fraxinus, bidueiros pantanosos Betulo-Molinietum, turbeiras altas de E. tetralix y Sphagnum e turbeiras altas de Cladium mariscus. A estas variedades súmanse outras 3 especies de interese comunitario, unha delas prioritaria: Eryngium viviparum Gay.

Malia que moitas áreas do LIC Parga-Ladra-Támoga presentan unha elevada naturalidade, a acción exercida polo home durante os últimos años (construción de vías de comunicación, desecación de terreos, expansión de cultivos herbáceos e forestais) supuxo unha notable degradación, mermando as poboacións das especies máis sensibles (Eryngium viviparum Gay, Luronium natans (L.) Rafin, Margaritifera margaritifera L.)

Ó amparo do Life-Natureza, plantéxase un proxecto de restauración e xestión activa sobre estas tres especies, presentes en dúas áreas concretas do ámbito territorial deste LIC: a zona dos Pozos do Ollo e a Insua de San Roque. Estas accións contribuirán, paralelamente, a favorecer o mantemento doutras especies acuáticas e dos hábitats naturais en que se integran.

O fin primordial do proxecto LIC Parga-Ladra-Támoga

Os obxectivos son: a mellora dun bosque asolagable e lago distrófico; a conservación de 38.8 hectáreas de bosque aluvial e bosque de ribeira e 1.3 hectáreas de lago distrófico; a recuperación de 14,5 hectáreas para especies e hábitats de interese; e a protección de 3.836 hectáreas con 15 hábitats e tres especies de interese.

Para conseguir estes obxectivos puxéronse en marcha varias accións: restauración e adecuación das zonas danadas, deseño dunha senda natural para facilitar o acceso sostible á illa, protección do contorno a través de bandas de vexetación que actúen como filtro verde e eliminación dunha alga invasora que perxudica o desenvolvemento da flora acuática. Para a eliminación desta especie, estase utilizando o ¿batuxo¿, barca tradicional do Miño, elaborada artesanalmente para tal labor e recuperada tamén para tarefas de educación e coñecemento ambiental do medio.

Este tipo de intervencións ambientais servirá ademáis para paliar os efectos negativos que padece este contorno natural e que se derivan dos cambios no uso do solo, a destrución de lugares de interese prioritario pola acción do home e invasión de especies alóctonas, a eliminación de especies de interese comunitario, o uso intensivo do solo con fins urbanísticos e recreativos e a falta de concienciación ambiental.

Fronte a estas ameazas proponse o desenvolvemento dunha xestión integral, orientada á preservación futura de enclaves naturais provistos dunha riqueza florística e faunística privilexiada.

Pode obter información máis detallada sobre este programa a través do sitio web http://life.xamedia.com

Información sobre el documento

I.N.L.U.D.E.S.
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812
E-mail: og.inludes@deputacionlugo.org