Emblema de  I.N.L.U.D.E.S.

Emblema de la Deputación de Lugo

Reserva dos Ancares

O 27 de outubro de 2006, o Comité MaB da UNESCO declarou Reserva da Biosfera a zona dos Ancares Lugueses e os Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, respaldando así a petición feita pola Deputación de Lugo a través do Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES).

A superficie desta nova Reserva é de 53.664 hectáreas, o que supón, aproximadamente, un 6% da superficie da provincia de Lugo. A poboación permanente é de 4.977 habitantes e a estacional máxima alcanza las 10.066 persoas.

Este espazo natural protexido inclúe os municipios de Navia, Cervantes e parte de Becerreá, e está considerado como una unidade da gran Reserva do Cantábrico.

Bioxeografía e ecosistema

A zona dos Ancares ten un grande interese dende o punto de vista bioxeográfico, xa que actúa como límite natural entre o extremo suroccidental da Rexión Eurosiberiana e a Rexión Mediterránea, circunstancia que propicia a convivencia entre especies de orixe septentrional e especies mediterráneas ou atlántico-mediterráneas.

Nos Ancares abundan as masas forestais de carballo e bidueiro, abelleira, serbal de cazadores, arce, teixo e xardón, especie protexida na Comunidade Autónoma galega e de grande interese para la fauna da zona.

As zonas de matorral están ampliamente representadas e son los brezais e piornais as formacións dominantes.

Destaca o encinar de Cruzul polo seu alto valor bioxeográfico, así como a variedade de especies de plantas de orixe.

Outro tipo de hábitat máis restrinxido é o formado por pastizais e áreas de matorral subalpinos, turbeiras de alveolo de gran valor intrínseco para a paleopolinoloxía, e medios agropastorais, moi interesantes a nivel ecolóxico.

Paralelamente, nos Ancares advírtese a presenza dunha diversificada comunidade de vertebrados, algúns deles en perigo de extinción, como son o oso pardo o o urogalo.

Por outra parte, obsérvase que a práctica da agricultura xerou un medio axeitado para o desenvolvemento de especies, entre as que ocupa un lugar preeminente o gando vacún.
Pódese concluír que nos Ancares mantívose ó longo do tempo un equilibrio agrosilvopastoral, ó tiempo que o aislamento xeográfico e a complexidade orográfica (1.600 metros de desnivel entre os 300 da cunca do río Navia e os 1.935 do pico Mostallar), favoreceron a persistencia dun medio natural ben conservado.

Zonificación

A zona núcleo da Reserva dos Ancares ocupa 14.224 hectáreas, o 26.87% da superficie total e nela destacan o faial da Pintinidoira, no sur de la reserva, a zona de alta montaña da Serra dos Ancares, ó leste, os vales dos ríos Ser, Rao e Navia, no límite da reserva, e dúas áreas contiguas localizadas no suroeste: o enciñeiral de Cruzul e o Monte Agüeira.

En canto á zona tampón, cunha superficie total de 31.975 hectáreas, o 59.58% da superficie da Reserva, inclúe as zonas que rodean a zona núcleo, concretamente as comprendidas no Lugar de Interese Comunitario (LIC) Cruzul- Agüeira e o LIC Ancares- O Courel.

Tamén pertencen a esta zona os territorios donde se localizan as entidades de poboación que están dentro da zona oseira. Nestas áreas permítense os usos vinculados á investigación, divulgación e educación ambiental, a execución de infraestruturas de interese xeral ou utilidade pública, os usos agrícolas e gandeiros tradicionais, o aproveitamento forestal e cinexético, de conformidade cos respectivos plans de ordenación, as prácticas deportivas e turísticas compatibles coa conservación da natureza e, excepcionalmente, as construcións agrogandeiras que respecten o principio de sostibilidade.

Por último, a zona de transición abarca 7.465 hectáreas, o 13.91% da superficie total, e completa o mapa desta Reserva dos Ancares. As limitacións para desenvolver actividades son menores nesta zona e están permitidos traballos agrícolas, actividades turístico-recreativas e outras formas de explotación.

Información sobre el documento

I.N.L.U.D.E.S.
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812
E-mail: og.inludes@deputacionlugo.org