Emblema de  I.N.L.U.D.E.S.

Emblema de la Deputación de Lugo

Centro de Interpretación da Natureza Terras do Miño

Está integrado por un conxunto de casa e muíño, do século XIX. Nel combínanse modernas tecnoloxías con elementos etnográficos para ofrecer unha complenta información sobre a Reserva da Biosfera Terras do Miño, especialmente sobre o río Miño e os ecosistemas fluviais. Funciona coma centro de recepción de visitantes e oficina de información, e oferta actividades de educación ambiental e visitas guiadas. Divídese en catro salas:

  • Do río: Exponse un batuxo, embarcación emrpegada polos nosos antepasados para cruzar o río.
  • Do vídeo: Aquí explícanse as artes de pesca que se utilizaban na antigüidade, e coméntanse poemas relacionados co río.
  • Do bosque: Represéntanse a carbón numerosos animais autóctonos, e a través dunha faz de luz, pódense escoitar os seus característicos sons.
  • Do rato: O visitante pode navegar pola rede.

Obxectivos do centro

O Centro de Intepretación Terras do Miño pesegue os seguintes obxectivos:

  1. Potenciar o coñecemento por parte dos visitantes, turistas e poboación local do contorno do río Miño e demais recursos naturais da zona.
  2. Dar a coñecer a riqueza natural, tanto de flora e de fauna, así como a beleza paisaxística do ámbito territorial da Reserva da Biosfera Terras do Miño, integrada por 26 municipios da provincia de Lugo.
  3. Incrementar os niveis de educación ambiantal dos visitantes, a través da concienciación, con respecto á crecente importancia de efectuar un labor de conservación dos ecosistemas, especies, recursos cinexéticos e paisaxes.
  4. Dar a coñecer as principais pautas nas que se basea o desenvolvemento sostible.
  5. Constituír un importante atractivo turístico, complementario ó río e á Reserva da Biosfera, encamiñado a acadar unha maior afluencia de visitantes ó territorio.

Situación

O Centro de Interpretación Terras do Miño, atópase situado ó pé da cidade de Lugo, na parroquia de San Fiz de Muxa, no lugar denominado Río Fervedoira.

Información sobre el documento

I.N.L.U.D.E.S.
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812
E-mail: og.inludes@deputacionlugo.org