Emblema de  I.N.L.U.D.E.S.

Emblema de la Deputación de Lugo

Centro de Interpretación Etnográfico Mazo Sta. Comba

Situado no Río Chamoso, no lugar de Santa Comba, nas proximidades da cidade de Lugo, constitúe un importante complexo de arqueoloxía industrial, no que a forza da auga, mediante unha enxeñosa arquitectura de canles, imprime forza ó maxo, serra, fraguas, muíño¿ Está formado por un muíño fariñeiro, mazo, serra e pedra de afiar (hidráulicos). Ata os anos 60, foi empregado para a fabricación de fouces, para moer o gran da zona, e a transformación de madeira en táboas. Recentemente foi restaurado con fondos do Programa de Desenvolvemento e Diversificación Económica de Zonas Rurais PRODER MIÑO, coma un importante exemplo de recuperación do patrimonio hidráulico‐etnográfico, vinculado ás concas fluviais, para destinalo ó centro de interpretación etnográfico, no cal se realizan demostracións sobre o funcionamento dos elementos que o compoñen.

Obxectivos do centro

  1. Potenciar entre a poboación rural e os visitantes o coñecemento da cultura etnográfica da zona e actividades asociadas a ela (moenda, ferrería¿)
  2. Complementar e diversificar a oferta turística existente na Reserva da Biosfera Terras do Miño para acadar unha maior afluencia de visitantes.
  3. Poñer en valor os recursos naturais e paisaxísticos de Terras do Miño, partindo da extraordinaria beleza natural e paisaxística que rodea ó Mazo de Santa comba, emprazado nun lugar natural privilexiado, ó pé do río Chamoso.
  4. Fomentar e difundir a educación ambiental.
  5. Promocionar un importante conxunto arquitectónico, característico da arquitectura tradicional da zona.

Situación

O Mazo de Santa Comba atópase situado no lugar de Santa Comba, ó pé do río Chamoso, nas proximidades da cidade de Lugo.

Información adicional

No mesmo complexo do Mazo de Santa Comba os visitantes poden gozar de platos típicos da gastronomía da zona, nun restaurante con estupendas vistas ó contorno natural do río Chamoso.

Información sobre el documento

I.N.L.U.D.E.S.
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812
E-mail: og.inludes@deputacionlugo.org