Emblema de  I.N.L.U.D.E.S.

Emblema de la Deputación de Lugo

Fomación e Orientación - Introdución

O Departamento de Formación e Orientación Laboral do INLUDES desenvolve actuacións, servizos, programas e proxectos co obxectivo de lograr a inserción e mellora profesional do cidadán no mercado laboral, mediante itinerarios profesionais individualizados, orientación laboral, asesoramento especializado, formación ocupacional e continua e desenvolvemento de programas específicos para o emprego.

Este departamento divide a súa actividade en tres ámbitos:

  1. Servizo de Orientación: Atención personalizada adaptada ó perfil de cada persoa.
  2. Servizo de Formación: Oferta formativa adaptada á realidade do mercado de traballo.
  3. Servizo de Inserción: Axuda para lograr o acceso ó mercado de traballo e asesoramento para a creación de novas empresas.

Achegamento ó cidadán

O Departamento de Formación e Orientación Laboral do INLUDES está a disposición de calquera persoa que desexe recibir información ou presentar suxestións relativas á oferta formativa. Entre as demandas máis correntes están as especialidades relacionadas coas altas tecnoloxías, rama sanitaria, medio natural, turismo, etc. Estas demandas son presentadas tanto por persoas cun amplo currículo coa expectativa de atopar un emprego, como por aqueles con menos formación ao consideralo como unha vía de rápido acceso ó mercado de traballo.

Modelo de formación

O INLUDES pretende ofrecer un modelo de formación aberto, flexible e plural, fronte ó modelo tradicional de ensino regulado que se esgotaba na escola, no instituto e, por último, na Universidade. O obxectivo é impulsar o estudo de novas profesións e novos filóns de emprego, sen esquecer as novas necesidades do mercado de traballo e a demanda de especialidades relacionadas coas altas tecnoloxías.

Preténdese ofrecer ó alumno unha completa formación que lle permita tanto ser contratado por conta allea como crear a súa propia empresa, fomentando no alumno o afán de superación necesario para lograr o seu acceso ao mercado de traballo e, unha vez integrado nel, seguir aprendendo.

En todos os cursos programados por este Instituto impártense coñecementos de caracter transversal para o fundamento da vida cotiá, coma por exemplo Orientación e Inserción Laboral, técnicas de busca de emprego, características do mercado de traballo, e axudas ó autoemprego. Ademais cada programa inténtase completar con prácticas dentro ou fóra das nosas instalacións para que o alumno poida responder debidamente ás necesidades empresariais.

Información sobre el documento

I.N.L.U.D.E.S.
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812
E-mail: og.inludes@deputacionlugo.org