Emblema de  I.N.L.U.D.E.S.

Emblema de la Deputación de Lugo

Programas de Formación Ocupacional para a mellora da empregabilidade

O INLUDES imparte dende o ano 1989 cursos de Formación Ocupacional a través de distintas institucións, destinados a desempregados ou traballadores. Estes cursos dan resposta á necesidade de formación en ocupacións reais do mercado de traballo, capacitando o alumno para o desempeño profesional e permitindo a actualización constante do traballador en función da demanda laboral.

Entre as especialidades impartidas por este Instituto valóranse, sobre todo, aquelas que posibiliten ós desempregados, sobre todo no caso das mulleres, o establecemento como autónomos ou a creación de empresas, potenciando o asociacionismo e a formación de cooperativas.

Programación

As actividades programadas para o vindeiro período realizaranse tendo en conta a convocatoraia da Xunta de Galicia (AFD ¿ Accións Formativas Desempregados)
As programacións de actividades irán dirixidas e adaptadas sempre ás demandas empresarais en sectores punteiros ou de novos xacementos de emprego como a altas tecnoloxías, rama sanitaria, medio natural ou turismo.

Información sobre el documento

I.N.L.U.D.E.S.
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812
E-mail: og.inludes@deputacionlugo.org