Emblema de  I.N.L.U.D.E.S.

Emblema de la Deputación de Lugo

Localización

Castro de Rei

O C.H. da Terra Chá abrangue tres municipios: Cospeito, Castro de Rei e Outeiro de Rei, que nace da unión e esforzo destes tres concellos que traballan para ofrecer ao visitante os mellores servizos e infraestruturas e para achegarlle toda a información turística da nosa terra.

O C.H. da Terra Chá esta localizado integramente dentro da Reserva da Biosfera de Terras do Miño. As Reservas da Biosfera teñen como obxectivo a conservación e protección da biodiversidade, o desenvolvemento económico e humano destas zonas, a investigación, a educación e o intercambio de información entre as diferentes reservas. Terras do Miño foi declarada reserva da biosfera pola UNESCO o 8 de novembro de 2002 e constitúese como un dos mellores exemplos da relación do home coa natureza.

Terras do Miño, ao igual o C.H. da Terra Chá, destaca pola súa calidade ambiental e a riqueza do seu hábitats. Neste sentido os hábitats fluviais e lagunares do C.H. da Terra Chá forman parte do LIC Parga-Ladra-Tamoga declarado Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) dentro da Rede Europea Natura 2000 e forman parte da Rede Galega de Espazos Naturais.

Toda a xente é benvida nesta rexión. Queremos que todo o mundo saiba que o C.H da Terra Chá é un lugar para vir, ver e visitar.

Cospeito

O Concello de Cospeito está situado na Bisbarra de Terra Chá. Limita polo norte cos municipios de Vilalba, Abadín e A Pastoriza. Polo sur limita con Outeiro de Rei, polo oeste con Begonte e Vilalba; e polo leste con Castro de Rei. O núcleo principal é a parroquia de Santa María de Cospeito. Encóntrase a unha distancia de 28 km de Lugo, a capital de provincia. Cospeito ten unha superficie de 145 km² e unha poboación de 5.500 habitantes.

Cospeito conta cun rico patrimonio cultural caracterizado pola existencia de castros e igrexas. Pero aínda máis importante é o seu patrimonio natural.

O espazo natural máis destacable de Cospeito é a súa lagoa. Posiblemente sexa a braña mellor adaptada para os visitantes. Preséntase como un refuxio ideal para numerosas variedades de aves. Está alimentada polo Río Guisande, da conca fluvial do Támoga, á súa vez afluente do Miño. Esta lagoa é unha braña con presenza de parrulos, garzas e outras especies, de interese para os afeccionados á ornitoloxía e amantes da natureza.

Tamén podemos destacar a existencia de carballeiras tan importantes como a Carballeira de San Paio en Sistallo, que acolle cada ano a centenares de persoas na celebración da romaxe de San Paio celebrada na propia carballeira sobre o 15 de xullo.

Castro de Rei

O Concello de Castro de Rei, está situado ao leste de Galicia e no centro da provincia de Lugo. Limita polo norte, cos concellos da Pastoriza e de Cospeito; polo leste, cos da Pastoriza, e Pol; polo sur, cos de Castroverde e Lugo, e polo oeste, cos de Outeiro de Rei e Cospeito.

A capital municipal do Concello de Castro de Rei, é a vila de Castro de Rei, que dista da capital de Galicia, Santiago, 136 km., e da capital da súa provincia de Lugo, 29,2 km. Castro de Rei ten unha poboación total de 6.447 habitantes e unha superficie de 181,7 km2.

Situado na Terra Chá, Castro de Rei, posúe unha variedade paisaxística de grande interese, caracterizada por unha orografía chaira, extensas brañas e lagoas, e diversos hábitats que comparten espazo con pradarías e cultivos.

Este municipio posúe un innegable patrimonio natural, paisaxístico e cultural, como son os restos das antigas defensas do castro e da fortaleza, que conformaron o núcleo primitivo da vila e foron declaradas conxunto histórico e paraxe pintoresca en 1971.

Forman parte importante tamén do patrimonio cultural deste municipio os numerosos dolmens, cruceiros, igrexas e castros existentes. Cabe destacar o Castro e museo de Viladonga, considerado emblema deste municipio.

Castro de Rei conta con ríos importantes como son o Miño, Azumara, Torneiros de Vila, e, Guimarás, sendo as elevacións máis destacadas as de Pedras Albas onde se poden observar unha gran variedade de aves ao longo de todo o ano.

Outeiro de Rei

O Concello de Outeiro de Rei pertence á provincia e diocese de Lugo; integrado no conxunto da unidade xeográfica coñecida como A Terra Chá lucense, se sitúa a 11 km da capital provincial. Limita polo Norte cos Concellos de Begonte, Cospeito e Rábade; polo Leste, co de Castro de Rei; polo Sur, co de Lugo e polo Oeste, co Concello de Friol.

A capital do municipio sitúase en San Xoán de Outeiro de Rei. O municipio de Outeiro de Rei conta con 4.979 habitantes e ten unha extensión, de 134 km2.

As primeiras probas de presenza humana neste municipio datan do período megalítico (4000-2000 a.c.). Segundo as referencias arqueolóxicas e bibliográficas existentes, pódese concluír, que xa dende aquel período este municipio estivo habitado. Continuando con poboacións castreñas (800 a.c -100 d.c) ata chegar á ocupación romana (64 a.c -410 d.c) e posterior ocupación do municipio polos suevos. Tras a invasión árabe e o período de reconquista (séculos VII a XV) ás mans do bispo lucense Odoario, o municipio viviu o seu máximo esplendor.

Durante o reinado dos reis católicos, este municipio converteuse no berce dalgunhas das liñaxes nobiliarias máis importantes de Galicia. Os castelos-fortalezas construídas por estas familias deron paso no século XVI aos pazos e casa señoriais.

Tanto a arquitectura civil, como a relixiosa, forma parte do patrimonio cultural deste municipio.

No ámbito natural deste municipio, asístese a unha transición caracterizada pola crecente desaparición da vexetación autóctona (arbórea caducifolia) aínda que perviven pequenos bosques de carballos, importándose un novo tipo de vexetación da que destaca o piñeiro, silvestre galego e insigne. No sotobosque predominan os arbustos (matagueiras, breixeiras, silveiras, xesteiras...), mentres que ás beiras dos ríos e regueiros, xorde unha vexetación característica, o chamado "bosque de inundación", composto por abeleiras, bidueiros e freixos. Existe, ademais, unha grande abundancia de especies piscícolas como troitas ou anguías. O resto da fauna do Concello, non presenta grandes diferenzas coa da chaira lucense; lobos, xabarís, corzos...

Destacar por último a presenza do lento transcorrer do río Miño por este municipio que debido á orografía chaira do terreo forma as denominadas "Insuas do Miño": Insua de San Roque, Insua de Trabanca e a Insua de Baixo ou de Santa Mariña.

Información sobre el documento

I.N.L.U.D.E.S.
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812
E-mail: og.inludes@deputacionlugo.org