Emblema de  I.N.L.U.D.E.S.

Emblema de la Deputación de Lugo

Festividades

As festas serven para o encontro coas tradicións para o reclamo dos visitantes. A cidade convértese durante a celebración dos eventos lúdicos nun espazo que proxecta a súa imaxe máis gozosa cara o exterior.

Feira da Maquinaria Usada
Localización: Cospeito
Días de celebración: último fin de semana de abril de todos os anos
A Feira da maquinaria celébrase o último fin de semana de abril de cada ano na Feira do Monte. A ela achéganse multitude de visitantes e empresarios que dan a coñecer os seus produtos tanto de maquinaria coma de artesanía.

Moexmu
Localización: Cospeito
Días de celebración: último fin de semana de marzo de todos os anos
A Moexmu celébrase o último fin de semana de marzo de cada ano en Muimenta. Destaca pola exposición de artesanía e de gando, así como tamén de maquinaria agrícola.

Festa da filloa de Muimenta
Localización: Cospeito
Días de celebración: 1 de Maio
É unha festa que se ven celebrando dende 1992 en Muimenta, como idea da Comisión de Feira de Mostras, nun intento por potenciar os produtos do país e promover a vila Muimenta e o municipio de Cospeito. Celébrase anualmente o 1 de Maio, no recinto de feiras e exposicións de Muimenta, con degustación de filloas, mostra de produtos alimenticios galegos, exposición de artesanía galega, concursos de gando, exposición de coches e maquinaria agrícola, etc.

San Roque e Doce Nome de María
Localización: Castro de Rei
Días de celebración: 05/08/2011- 09/08/2011
Os festexos desenvólvense durante catro días e ás tradicionais misas e procesións séguenos as sesións vermú e as verbenas. Hai tamén pasarrúas pola mañá a cargo de bandas de gaitas e Bandas Municipais. Para o último día resérvase unha merenda de "bolos preñados" en agradecemento aos veciños. É festivo local o día 9.

O Mercado e a Feira de Castro de Rei
Localización: Castro de Rei
Días de celebración: todos os mércores e domingos do ano
O visitante ten o pracer de saborear a gastronomía típica da cidade. Entre os pratos máis típicos e máis demandados destaca o polbo á galega.

Festa dos Nenos
Localización: Praza da Vila, Outeiro de Rei
Día de celebración: 3 de Xuño

Festa da Terceira Idade
Localización: Área recreativa de Santa Isabel, Outeiro de Rei
Día de celebración: 1 de Xullo

Feira da Artesanía
Localización: Praza de Vila, Outeiro de Rei
Día de celebración: 2 de Xullo

Información sobre el documento

I.N.L.U.D.E.S.
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812
E-mail: og.inludes@deputacionlugo.org