Emblema de  I.N.L.U.D.E.S.

Emblema de la Deputación de Lugo

Información de interese

Chegar en coche

O sistema de comunicación da rede vial do C.H. Terra Chá está formado por unha complexa rede de estradas, de diversa titularidade e tipoloxía. As principais vías de comunicación son:

A6 / N-VI: A Autoestrada A6 Madrid-A Coruña que atravesa o municipio de Outeiro de Rei, e a N-VI que discorre paralelamente á A6. Esta é a principal vía de comunicación coa capital da provincia, co resto da comunidade autónoma e con España.

N-640: Atravesa o municipio de Castro de Rei e comunícao con Lugo capital e co norte da provincia.

A rede de estradas primaria (LU-111, LU-113, LU-115, LU-120, LU-541) e secundaria conecta os principais núcleos de poboación do Complexo Húmido da Terra Chá entre si e con núcleos de poboación do resto da bisbarra, algún tan importantes como Vilalba.

Chegar en tren

A liña A Coruña-Palencia-Madrid pasa pola próxima localidade de Rábade que está moi próxima ao concello de Outeiro de Rei. Rábade dista de Outeiro de Rei nuns escasos 10 km.

A única liña ferroviaria que discorre polo C.H. da Terra Chá é titularidade de Adif (Ministerio de Fomento) une A Coruña con Monforte de Lemos e atravesa o municipio de Outeiro de Rei. Renfe realiza diversos traxectos de media e larga distancia que percorre esta liña.

Renfe dispón dunha liña de media distancia que realiza o percorrido A Coruña - Monforte de Lemos. O percorrido desta liña, non realiza parada en Outeiro de Rei, pero realiza paradas nos seguintes núcleos próximos: Begonte, Rábade e Lugo Capital, continuando ata Ourense.No que respecta á longa distancia, dende Lugo capital pódese viaxar ás seguintes capitais de provincia: A Coruña, Ourense, Madrid, Barcelona, Palencia, Pamplona, Valladolid, Vitoria, Ávila, Zaragoza, León, Lleida e Logroño. A frecuencia é baixa, non superando os dous trens ao día.

Chegar en bus

A Xunta de Galicia puxo en marcha un Plan de Transporte Metropolitano que ten como obxectivo fundamental mellorar a mobilidade e accesibilidade no contorno de todas as áreas metropolitanas e, polo tanto, que os cidadáns dispoñan dun mellor servizo de transporte público colectivo que sexa unha alternativa competitiva e eficiente ao transporte privado.

Este plan que xa está en marcha na Coruña, púxose en marcha recentemente en Lugo, tamén dando servizo dende a Cidade de Lugo aos municipios de Outeiro de Rei e Castro de Rei.

Actualmente existen compañías privadas de servizos de autobuses realizando as rutas que unen os municipios da Terra Chá con Lugo capital.

Teléfonos e direccións

TELÉFONOS XERAIS

Teléfono de Urxencias Médicas: 061
Teléfono de bombeiros: 085

CASTRO DE REI

Concello de Castro de Rei
Dirección: Praza Maior 1, CP 27250
Teléfono de contacto: 982314034
Alcalde: JUAN JOSÉ DÍAZ VALIÑO
Cuartel da Garda Civil de Castro de Rei
Dirección: Avenida Aviación Española, S/N, Castro de Rei
Teléfono: 982314002
Farmacias:
Ansede Pastor M.J.
Dirección: Avenida Aviación Española 43-45, Castro de Rei
Teléfono: 982314151
Botica da Feira
Dirección: Avenida Terra Chá Castro Riberas De Lea 85, Castro de Rei
Teléfono: 982310048

COSPEITO

Concello de Cospeito
Dirección: Avenida Terra Chá, 29, Cospeito
Teléfono de contacto: 982520001
Alcalde: ARMANDO CASTOSA ALVARIÑO
Cuartel da Garda Civil: de Cospeito
Dirección: Avenida de Terra Chá 34, Cospeito
Teléfono de contacto: 982520017
Centros de Saúde
Centro de Saúde Feria do Monte
Dirección: Avda. Virxe do Monte s/n
Teléfono: 982520120
Centro de Saúde de Muimenta
Dirección: Avda. de Cospeito s/n
Teléfono: 982528098
Consultorio médico de Muimenta
Dirección: Avda. de Cospeito s/n
Teléfono: 982504057

Farmacias
Farmacia Carracedo Lozano
Dirección: Praza Maior 5
Teléfono: 982520020
Farmacia Cabana
Dirección: Avda. Villalba 57-59
Teléfono: 982528147

OUTEIRO DE REI

Concello de Outeiro de Rei
Dirección: Praza Concello 1, Outeiro de Rei
Teléfono: 982393281
Alcalde: JOSÉ PARDO LOMBAO
Cuartel da Garda Civil de Outeiro de Rei
Dirección: Rúa Cantalarrana 0. CP 27370, Rábade
Teléfono: 982390005
Centros de Saúde
Centro de Saúde de Doiras
Dirección: Barrio Soborvila, S/N, Outeiro de Rei
Teléfono: 982393400
Farmacia:
Farmacia de Penas
Dirección: Carretera DE CASTRO, 1, Outeiro de Rei
Teléfono: 982393262

Información sobre el documento

I.N.L.U.D.E.S.
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812
E-mail: og.inludes@deputacionlugo.org