Emblema de  I.N.L.U.D.E.S.

Emblema de la Deputación de Lugo

Presentación

O INLUDES é un Organismo Autónomo Local dependente da Deputación de Lugo. Creouse no ano 1985 e ten personalidade xurídica propia.

A súa principal finalidade é a promoción do desenvolvemento económico e social da provincia de Lugo e centra a súa actividade ó redor das seguintes áreas:

  • Promoción da artesanía
  • Desenvolvemento Agropecuario
  • Desenvolvemento Rural
  • Apoio a Pemes
  • Formación ocupacional
  • Igualdade de oportunidades
  • Promoción de emprego
  • Apoio e investigación
  • Desenvolvemento sostible

O Inludes é o eixo e o motor da promoción económica e emprego da provincia de Lugo, a través do fomento dos piares básicos da economía da provincia, sen esquecer a realidade do momento, como é a inclusión das novas tecnoloxías e a sociedade da información.

É digno de mención que dende a súa posta en marcha sufriu unha gran modernización, froito da integración de España na UE. Ademais aproveitáronse moitas convocatorias de fondos europeos para mellorar en competitividade e crear unha provincia de mellora e de futuro.

Información sobre el documento

I.N.L.U.D.E.S.
Ronda da Muralla N°140 – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 227 812
E-mail: og.inludes@deputacionlugo.org