Fondo cabecera I.N.L.U.D.E.S.

Proxectos e obras

A Unidade de Enxeñería Ambiental do Inludes é unha unidade multidisciplinar dedicada á xestión e mellora dos recursos naturais da provincia, así como á promoción da tecnoloxía ambiental e xestión ambiental nos municipios.

Entre os obxectivos da Unidade inclúese a xestión sostible dos recursos naturais da Provincia e a posta en marcha das melloras e accións necesarias coa finalidade de que sexan protexidos e apreciados.

As funcións desta Unidade son a elaboración, desenvolvemento, coordinación e seguimento de proxectos técnicos necesarios para acadar os obxectivos.

Para iso, desenvólvense as seguintes intervencións:

  1. Aplicación de novas tecnoloxías na xestión dos recursos naturais 
    • Desenvolvemento, xestión e mantemento de GIS (Sistemas de información xeográfica) en tempo real da xestión dos recursos, tales como vexetación, infraestrutura, recursos hídricos, modelaxe dixital de terreo, etc... En definitiva, destinados á xestión dos distintos recursos naturais.
    • Colaboración con outras Administracións e coa Universidade de Santiago de Compostela.
  2. Implantación de iniciativas de valorización e mellora das propiedades forestais da Deputación.
  3. Deseño e melloras ambientais e camiños.
  4. Proxectos de parques e áreas de descanso e recreativas, de uso público e aproveitamento do medio natural, de forma sostida.
  5. Vixilancia de incidencias medioambientais da Deputación, rutas medioambientais e rutas de sendeirismo.
  6. Melloras e mantenimiento de elementos etnográficos propiedade da Deputación Provincial relacionados co medio natural.
  7. Realizar labores de xestión e vixilancia de espazos naturais.
    • Vixilancia das zonas naturais e elaboracion dos informes pertinentes a cargo de persoal especializado. (Notificación da caída de árbores ou canles, camiños do río que impiden o paso ós usuarios, a aparición de fauna con algún tipo de dano, etc...).
    • Comunicación cos usuarios ou veciños dos lugares onde se efectúa a vixilancia.

Información sobre el documento

Escudo del    I.N.L.U.D.E.S.
Concello de Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 353 303 | Fax: 982 353 314
E-mail: negueira@ya.com