Fondo cabecera I.N.L.U.D.E.S.

Proxecto Lugo Emprende

Creación de empresas

O proxecto ¿Lugo Emprende¿, desenvolvido ó abeiro da Iniciativa Comunitaria Equal entre o ano 2002 e 2004, centrou o seu labor na creación e consolidación de novas empresas e actividades económicas. Foi deseñado para reforzar o tecido económico de Lugo, tanto no ámbito rural como nas zonas urbanas.

Os beneficiarios desta iniciativa foron, basicamente, mulleres, xente nova e persoas con discapacidade, empadronados nas zonas rurais dos municipios lucenses de Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Láncara, Pol, Sarria, Rábade, Riotorto, Meira, O Páramo, Outeiro de Rei e Lugo.

Os novos emprendedores recibiron axudas financeiras e servizos de asesoramento previo e posterior á posta en marcha dos seus respectivos negocios:

  • Elaboración de plans de empresa e estudos de viabilidade.
  • Asesoramento financeiro e busca de financiamento.
  • Desenvolvemento dos trámites administrativos necesarios para constituír unha empresa.
  • Asesoramento sobre a utilización das novas tecnoloxías da información e comunicación na xestión empresarial. O beneficiario poderá dispoñer deste servizo durante o proceso de creación da empresa e unha vez que ésta xa esté constituída. Inclúe a elaboración dun sitio web para cada nova idea empresarial.
  • Formación en materia de oportunidades de negocio: ofrécese ós emprendedores información detallada e útil para a toma de decisións empresariais.
  • Asesoramento fiscal, laboral e contable durante o primeiro ano de vida da empresa.

Información sobre el documento

Escudo del    I.N.L.U.D.E.S.
Concello de Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 353 303 | Fax: 982 353 314
E-mail: negueira@ya.com