Fondo cabecera I.N.L.U.D.E.S.

Leader Terras de Miranda

Esta actuación comunitaria levouse a cabo na Mariña luguesa, e beneficiou directamente ós municipios de Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Foz, Mondoñedo, Riotorto, Trabada e O Valadouro.

O eixo aglutinador da súa extratexia consistiu en certificar a sostibilidade da economía rural a través da calidade. Para asegurar a súa viabilidade, puxéronse en marcha políticas de valorización e diversificación das producións tradicionais, baseadas no aproveitamento sostible do patrimonio natural e cultural.

As características endóxenas deste territorio constitúen especialmente o seu dinamismo, e apuntalan as liñas mestras do proxecto de desenvolvemento: calidade e diferenciación dende a innovación.

Baixo estas premisas, os esforzos diríxironse a promocionar a agricultura ecolóxica e a abrir novas canles de comercialización para os produtos agrarios. De xeito paralelo, esta actuación complementouse coa implementación de producións de interese para a zona: cogumelos, algas, mel ou sidra.

O sector forestal centralizou a posta en marcha dun proxecto piloto de xestión e uso mútiple do territorio. Tratouse dun plan de usos e ordenación forestal dirixido a compatibilizar actividades agrarias, cinexéticas ou gandeiras, coa obtención dunha produción madereira con certificado de calidade.

Outro dos obxectivos desta iniciativa comunitaria foi a implantación da Axenda 21 Local. Con esta ferramenta programática, asentada principalmente na colaboración cidadá, Terras de Miranda, apostou decididamente por promover e garantir o desenvolvemento sostible da Mariña.

Información sobre el documento

Escudo del    I.N.L.U.D.E.S.
Concello de Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 353 303 | Fax: 982 353 314
E-mail: negueira@ya.com