Fondo cabecera I.N.L.U.D.E.S.

Lic Parga-Ladra-Támoga

Mellora dun bosque asolagable e lagoa distrófica (Life-Natureza)

O Programa Life-Natureza foi unha ferramenta económica deseñada pola Unión Europea para preservar o medio natural e da que se están beneficiando o lugar de interese comunitario Parga-Ladra-Támoga e, fundamentalmente, dous contornos naturais de gran riqueza na nosa provincia: a Insua de San Roque, situada nos termos municipais de Outeiro de Rei e Rábade, e Os Pozos do Ollo, en Begonte.

O INLUDES desenvolveu varias accións encamiñadas á protección e conservación destes espazos naturais incluídos dentro da proposta galega á Rede Natura 2000 e agrupados baixo o Proxecto Parga-Ladra-Támoga: Mellora dun bosque asolagable e lago distrófico. Nesta área natural localizáronse 15 hábitats de interese comunitario, 4 deles prioritarios: bosques aluviais de Alnes-Fraxinus, bidueiros pantanosos Betulo-Molinietum, turbeiras altas de E. tetralix y Sphagnum e turbeiras altas de Cladium mariscus. A estas variedades súmanse outras 3 especies de interese comunitario, unha delas prioritaria: Eryngium viviparum Gay.

Malia que moitas áreas do LIC Parga-Ladra-Támoga presentan unha elevada naturalidade, a acción exercida polo home durante os últimos anos (construción de vías de comunicación, desecación de terreos, expansión de cultivos herbáceos e forestais) supuxo unha notable degradación, mermando as poblacións das especies máis sensibles, como a Eryngium viviparum Gay, a Luronium natans (L.) Rafin, ou a Margaritifera margaritifera L.

Ó amparo do programa Life-Natureza, plantéxase un proxecto de restauración e xestión activa sobre estas tres especies, presentes en dúas áreas concretas do ambito territorial deste LIC: a zona dos Pozos do Ollo e a Insua de San Roque. Estas accións contribuirán, paralelamente, a favorecer o mantemento doutras especies acuáticas e dos hábitats naturais en que se integran.

Pode obter información máis detallada sobre este programa a través do sitio web http://life.xamedia.com

Información sobre el documento

Escudo del    I.N.L.U.D.E.S.
Concello de Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 353 303 | Fax: 982 353 314
E-mail: negueira@ya.com