Fondo cabecera I.N.L.U.D.E.S.

Waterwaysnet (Interreg)

Proxecto transnacional, desenvolvido ó abeiro do Programa de Iniciativa Comunitaria Interreg III B ¿Espazo Atlántico¿, que ten por obxecto valorar ecolóxica e esteticamente as paisaxes ligadas á auga.

Os obxectivos xerais do proxecto Waterwaysnet son:

  1. Desenvolver coherentemente as paisaxes da Rexión Atlántica ligada á auga.
  2. Proporcionar axuda a concellos e propietarios das ribeiras para que recuperen estes medios naturais.
  3. Mobilizar a paisaxistas expertos na materia.
  4. Potenciar a vertente turística das paisaxes fluviais.
  5. Investigar e propor comportamentos que respecten e protexan os recursos hídricos.
  6. Rehabilitar a función paisaxística das vías de auga.
  7. Recuperar a herdanza etnográfica representativa do vínculo existente entre o home e as paisaxes da auga.

O Instituto Lucense de Desenvolvemento Económico e Social (INLUDES), como socio do proxecto Waterwaysnet, asume a execución de varias funcións entre as que desatacan a recuperación e valorización do patrimonio natural ligado aos ríos, a sensibilización da poboación local e a realización de estudos para a valorización das paisaxes ligadas á auga.

Tomando como base as directrices mencionadas, o INLUDES, dependente da Deputación de Lugo, ten encomendada a posta en práctica de accións de vital importancia: a adquisición de terreos para a protección dunha zona de gran valor natural, a creación de infraestruturas de observación da paisaxe fluvial e o deseño e colocación de paneis interpretativos.

Así mesmo, e en función do compromiso de sensibilización social ratificado polo INLUDES, previuse o desenvolvemento de campañas de difusión. Esta actividade complementarase coa posta en marcha dun programa de formación dirixido a técnicos ligados a centros de interpretación e a lugares etnográficos de referencia.
Encóntrase toda a información con respecto ás actuacións realizadas nesta área resumida na dirección http://www.waterwaysnet-inludes.com

Información sobre el documento

Escudo del    I.N.L.U.D.E.S.
Concello de Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 353 303 | Fax: 982 353 314
E-mail: negueira@ya.com