Fondo cabecera I.N.L.U.D.E.S.
Inicio » Proxectos e Programas » Histórico de proxectos executados » Medio natural » Vías Atlánticas (Interreg)

Vías Atlánticas (Interreg)

O proxecto Vías Atlánticas, enmarcado na Iniciativa Comunitaria Interreg III A, dentro da cooperación transfronteiriza entre España e Portugal, foi executado no período 2000-2006 cun presuposto de 1.670.640 €.

Os seus obxectivos centráronse na recuperación e promoción da ruta turístico-cultural das antigas vías romanas XIX e XX do itinerario de Antonino e na posta en valor e conservación dos recursos patrimoniais, culturais e arqueolóxicos presentes nas mesmas.

Ademais do Inludes participaron en "Vías Atlánticas" outras entidades españolas e portuguesas que tamén traballan na recuperación desta histórica calzada ó seu paso polos seus respectivos territorios: Deputación de Pontevedra, Deputación da Coruña, Concello de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela, Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), Câmara Municipal de Braga, Câmara Municipal de Vila Verde, Câmara Municipal de Valença, Municipio de Ponte de Lima, Municipio de Paredes de Coura e Universidade do Minho.

Información sobre el documento

Escudo del    I.N.L.U.D.E.S.
Concello de Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 353 303 | Fax: 982 353 314
E-mail: negueira@ya.com