Fondo cabecera I.N.L.U.D.E.S.

Praias ¿A Mariña Lucense¿

Xestión sostible do litoral

Proxecto Certificación Medioambiental ISO-14001 Praias ¿A Mariña Lucense¿

Neste momento 20 praias contan coa certificación ambiental ISO-14.001. Corresponden a cinco concellos da Mariña Lucense.

En Foz, as praias certificadas son Areoura, As Polas, Os Xuncos, Alemáns, Llas, Rapadoira, Pampillosa, Peizás e Arealonga.

En Ribadeo, os areais con certificado ambiental ISO-14.001 son As Catedrais e Castros-Illas.

En Viveiro as praias certificadas son Covas, Area e Sacido.

En O Vicedo, os areais con certificado ISO 14.001 son Xilloi, Abrela e Areagrande.

En Burela as praias certificadas son A Marosa, Portelo e Ril.

O distintivo ISO 14.001

A distinción ISO 14.001 é parte da aposta polo ecoturismo da Deputación de Lugo. Trátase dun distintivo que se rexe pola normativa da Unión Europea máis estrita e esixente, a EMAS, e que garante praias de auténtica calidade. Como exemplo de rigor destaca o feito de que ara acadar esta certificación non só se debe controlar a calidade das augas, senón que é obrigatorio que todo cumpra as normas. Por exemplo, que un traballador ou unha máquina teñan os permisos en regra.

A certificación ISO 14.001 vai máis aló que a bandeira azul xaque, mentres que esta é unha fotografía da praia que se dá nun momento determinado, a ISO-14.001 acredita unha mellora constante. Tamén se diferenza da Q de calidade turística, porque a certificación proposta pola Deputación non só atende ás demandas dos turistas que marcan as empresas, senón que ademais vén marcada polas leis ambientais dos expertos da UE. De aí que garanta unha correcta xestión ambiental, minimizando o impacto nas praias e, o que é máis importante, nos veciños de cada municipio.

A implantación da certificación ambiental supón abrir unha nova liña de cooperación da Deputación de Lugo cos concellos. A Deputación inviste 60.000 euros na posta en marcha desta iniciativa, que representa un custe cero para as arcas municipais. Os concellos terán que enfrontar os gastos de mantemento, un desembolso de 2.000 euros.

Vantaxes e obxectivos

A certificación de calidade ISO-14.001 conleva tres tipos de beneficios importantes. O primeiro, de tipo ambiental, pois controla e reduce os riscos e inicide na prevención, optimiza a xestión de residuos e contribúe ó mantemento sostible da praia. En segundo lugar, de imaxe, pois exhibe un liderado ambiental a través do cumprimento de normas internacionalis, permite diferenciarse da competencia e reforza a imaxe ante a sociedade. En terceiro lugar, ten beneficios económicos, ó reducir os custes de xestión dos residuos e o risco de sancións, obtén unha vantaxe competitiva con respecto a outras zonas non certificadas, xestiona os riscos asociados a accidentes e facilita o acceso a incentivos económicos.

Información sobre el documento

Escudo del    I.N.L.U.D.E.S.
Concello de Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 353 303 | Fax: 982 353 314
E-mail: negueira@ya.com