Fondo cabecera I.N.L.U.D.E.S.

Escolas obradoiro

Programas de Formación e Emprego

O Programa de Escolas obradoiro é un programa de emprego formación, co principal obxectivo de lograr a cualificación de mozos e mozas de entre 16 e 25 anos en situación de desemprego en profesións directamente demandadas polo mercado de traballo. Impártese unha xornada laboral dividida en formación teórica e formación práctica directamente vinculada á especialidade na que os alumnos-traballadores se inscriben. Inclúe contidos relativos a Cultura xeral, Tecnoloxía da construción e Información sociolaboral. Así, os mozos adquiren a formación necesaria para a integración social e laboral.

Incorpórase tamén unha formación complementaria no ensino de reparación, dando a posibilidade ós alumnos sen título de completar o Ensino Secundario Obrigatorio.

Dende a posta en marcha da primeira escola Taller, no ano 1988, executáronse catro proyectos que lograron a formación teórico-práctica dun total de 300 alumnos nas seguintes especialidades: Albanelaría, Cantería, Carpintaría Metálica, Xardineria, Conservación e Administración dos Recursos Naturais, Moble Artesán, - Instrumentos Musicais, Cerámica e Montador de estruturas metálicas, entre outras.

Información sobre el documento

Escudo del    I.N.L.U.D.E.S.
Concello de Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 353 303 | Fax: 982 353 314
E-mail: negueira@ya.com