Fondo cabecera I.N.L.U.D.E.S.

Obradoiros de emprego

Programas de Formación e Emprego

Os obradoiros de emprego configúranse como un programa mixto que combina accións de formación e emprego dirixido a mellora-la ocupabilidade dos desempregados de vintecinco ou máis anos, coa finalidade de facilita-la súa posterior integración no mercado de traballo.

Os traballadores participantes nos obradoiros de emprego adquirirán a formación profesional e a práctica laboral necesaria, mediante a realización de obras ou servicios de utilidade pública ou interese social, relacionados con novos filóns de emprego, que posibiliten a súa posterior inserción laboral, xa sexa a través do emprego por conta allea como mediante a creación de proxectos empresariais ou de economía social.

Dada a experiencia adquirida polo INLUDES na capacitación de desempregados para o coidado de maiores e minusválidos dende o ano 2001, coa execución de varios proxectos a nivel provincial, subvencionados polo Fondo Social Europeo, solicítase o primeiro Obradoiro de Empleo de Servicios co obxectivo de cualificar 24 alumnos traballadoras no coidado de persoas maiores e minúsvalidos.

Esta experiencia resultou moi positiva e logrou un 54% de inserción das alumnas formadas, polo que se solicitou o Obradoiro de Empleo de Servicios a la Comunidade II, iniciándose o 31/12/2007 e onde se formou 35 desempregadas maiores de 25 anos ata o 20/12/2008.

Con data 30/12/2008 iniciouse a Escola Taller de Servizos a Comunidade, en colaboración coa Consellería de Traballo, onde se formaron 30 desempregados menores de vintecinco anos no coidado de maiores e minusválidos. Finalizou o 31/12/2010 (xa que foi concedida unha prórroga de 6 meses).

Obxectivo

A cualificación de 30 alumnas traballadoras no coidado de persoas maiores e minusválidos.

Actuacións

Consiste na formación teórica alternada co traballo efectivo en entidades prestadoras de Servizos Sociais, sobre os contidos establecidos no RD 1379/2008 polo que se regula o Certificado de profesionalidade de Atención socio sanitaria a persoas no fogar.

Durante os 6 primeiro meses as/os alumnas/as percibiron unha beca de formación de 9 euros por día de formación . Nos últimos 12 meses fíxoselles un contrato de formación inicial de 6 meses prorrogable por outros seis.

Horas de formación impartidas: 3840 horas

Organizacións Colaboradoras

* Gran Centro Asistencial de San Roque
* Centro de San Vicente de Paul
* Residencia de persoas maiores das Gándaras

Recentemente foi aprobada a nova escola-obradoiro de Servizos á Comunidade II, con data de inicio 3 de xaneiro, que durante 18 meses formará a 28 desempregados.

Fecha incio: 31/12/2010- 18 meses
Nº de alumnos:26

Información sobre el documento

Escudo del    I.N.L.U.D.E.S.
Concello de Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 353 303 | Fax: 982 353 314
E-mail: negueira@ya.com