Fondo cabecera Concello de Negueira de Muñiz

Saúdo do Alcalde

Alcalde

Benvidos ao web oficial do Concello de Negueira de Muñiz. As novas tecnoloxías poñen á nosa disposición unha excelente ferramenta que é este portal web para ofrecer información actualizada sobre os servizos que presta este Concello, sobre a súa estrutura orgánica e o seu funcionamento.

Este portal web pretende ser un escaparate dende o que dar a coñecer este municipio,a hospitalidade dos seus habitantes e a súa paisaxe. A súa vida tranquila, sen balbordo de xente e a súa sorprendente paisaxe incitan a admirar sen présas o seu gran potencial paisaxístico e patrimonial.

No inicio do camiño primitivo en Galicia atopamos o Concello de Negueira de Muñiz, área de media montaña e de fermosa paisaxe con carballeiras, soutos de castiñeiros e unha notable influencia mediterránea que se traduce na presenza de sobreiras, entre outras especies.

O encoro de Salime divide este municipio en dous e propicia un microclima suave na súa parte central. O seu trazado sinuoso é moi apto para excursións ecuestres ou a practica do sendeirismo.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Negueira de Muñiz
Concello de Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 353 303 | Fax: 982 353 314
E-mail: negueira@ya.com