Fondo cabecera I.N.L.U.D.E.S.

Actividades recentes

Burela co seu comercio

Programa Burela co seu comercio

Foi o primeiro programa de formación para a mellora do pequeno comercio totalmente personalizado. A Deputación de Lugo puxo gratis os seus expertos ó servizo de todos os cidadáns interesados.

Mediante esta actividade formativa informouse ós participantes, con atención personalizada, sobre novas estratexias de venda, marketing, finanzas, escaparatismo e informática.

Lugo Compite+

Trinta participantes, titulares de pequenas e medianas empresas da zona centro da provincia, participaron no programa personalizado anti-crise Lugo Compite +. Este programa anti-crise, que supuxo un aforro para as PEMES de entre 4.500 e 6.000 euros, -o prezo real das consultorías que se ofrecen segundo o mercado-, engádese a outras iniciativas como os proxectos destinados á dificil sucesión familiar que se celebraron na Mariña e na Ribeira Sacra, e que contribuirón a manter uns 50 postos de traballo.

Deste xeito, as PEMES da costa lucense, é dicir, entidades de entre 10 a 200 asalariados que ante a situción económica cómpren de solucións urxentes para asegurar a súa supervivencia, puideron beneficiarse desta iniciativa sufragada ó cen por cen pola Deputación. Este programa, ademais de ser gratuíto, foi personalizado, xa que expertos económicos coñeceron as oportunidades de cada un dos participantes fronte ós seus competidores mediante asesorías individuais para, primeiro asegurar a súa permanencia, e logo consolidar as melloras e potenciar un crecemento sostible.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    I.N.L.U.D.E.S.
Concello de Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 353 303 | Fax: 982 353 314
E-mail: negueira@ya.com