Fondo cabecera Concello de Negueira de Muñiz

Situación

Situación

No extremo oriental do interior da provincia de Lugo, no límite con Asturias, está o concello de Negueira de Muñiz.

O concello de Negueira de Muñiz está delimitado dalgunha forma polas montañas "Pedras Apañadas" e "Busbeirón"; situado a 43° 07 10" de latitude norte e 3° 12 20" de lonxitude oeste. Limita ao norte e ao noroeste co municipio de Grandas de Salime (Asturias), polo oeste co termo da Fonsagrada, e ao sur e ao leste cos concellos asturianos de San Antolín de Ibias e Pola de Allande.

A superficie do termo municipal segundo o nomenclátor provincial é de 69,2 Km2.

A xeografía do concello carecterízase por ser accidentada e montañosa. A maior elevación desta zona é a do monte Busbeirón con 1.283 metros de altitude.

O río Navia, encaixado polas montañas, discorre por estas terras.

¿Como chegar? Indo pola estrada C-630 ata preto da fronteira con Asturias seguiremos unha estrada secundaria que nos levará ata este concello.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Negueira de Muñiz
Concello de Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 353 303 | Fax: 982 353 314
E-mail: negueira@ya.com