Fondo cabecera Concello de Negueira de Muñiz

Demografia

Negueira de Muñiz

No concello de Negueira de Muñiz obsérvase, máis ca en ningún outro municipio da provincia, un acentuado descenso demográfico pese a que nos atopamos ante un dos municipios máis pequenos en extensión territorial. Así, no ano 1930, cando se elaborou o primeiro censo de poboación no municipio, contaba con 1.534 habitantes, mentres que en 1981 eran xa 434 os habitantes fronte aos 286 do censo de 1991. No descenso da poboación de Negueira hai que sinalar dúas etapas ben diferenciadas: unha, que comprende de 1930 ata 1960, na que a perda demográfica está dentro dos parámetros dos municipios pouco desenvolvidos de Galicia e que se correspondería, consecuentemente, cun baixo crecemento vexetativo e cun movemento migratorio; e outra, que vai dende 1960 ata a actualidade, na que se rexistrou un brusco descenso, produto da masiva emigración e dun crecemento vexetativo negativo.

A forte emigración debeuse en parte á construción do encoro de Salime, o que, unido ao illamento que isto provocou, levou a que vilas enteiras aceptasen as condicións que lles ofrecían nas terras de colonización da comarca da Terra Chá.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Negueira de Muñiz
Concello de Negueira de Muñiz
Negueira de Muñiz - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 353 303 | Fax: 982 353 314
E-mail: negueira@ya.com